Moito me tardas e pouco me duras

Moito me tardas e pouco me duras
21 de Agosto, 2020 - 08:33 h. | Publicada por Radio Fene

“San Migueliño, das uvas maduras,  moito me tardas e pouco me duras”. O San Miguel celébrase o 29 de setembro, pero cando aínda falta mais dun mes xa estamos no tempo dos figos. Disque este ano hai moitos. Os figos maduros han de comerse ao pé da figueira, pois non se gardan; por iso, para que cheguen ás mesas, han de collerse antes de madurecer.

Polo San Miguel, os figos saben a mel

O figo ten poder enerxético. Dase moi ben en Galicia, que o temos dende xuño a outono. Os mellores danse nesta época dende finais de agosto ata finais de setembro. O escritor Álvaro Cunqueiro aconsella xantar debaixo da figueira o polo ou pito asado, xa frío. Cada dous bocados, un figo. Chámanse figos bacoriños, os primeiros que maduran, vendimiños, os que veñen pola época da vendima e migueliños, os dos últimos dias de setembro, segundo indica Fausto Galdo no "Abecedario das mantenzas". “Polo San Miguel os figos saben ao mel”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora