Moito peixe e variado

Moito peixe e variado
23 de Marzo, 2020 - 05:36 h. | Publicada por Radio Fene

Xardas, calamares ou xurelos son algúns dos peixes que podemos atopar nestes dias nas peixerías de Fene. Non notaron moita variación no volume das vendas desde o inicio da crise sanitaria. Si houbo cambios na clientela. As persoas maiores deixaron de acudir e agora vai xente nova que está na casa e pode acudir á tenda, segundo nos indica Alberto Pazo da Peixería A Greta.

ESCOITA O PODCAST:

Alberto Pazo explica os motivos da escasez de polbo estes días nas rías altas

http://173.255.131.18/audio/120320PAZO.mp3

Alberto Pazo, da Peixería A Greta

 Él tamén apunta que nesta época non hai moito polbo nas Rias Altas. Acaba de desovar e está metido na cova gardando os ovos. É moi dificil de coller, afirma. A Peixería A Greta atende ao público na Avenida Naturais de Fene con mascarillas. Utilizan o almacén anexo para a saida da clientela e así garanten manter a distancia de seguridade de un metro e medio. Alberto acode todos os días á lonxa á Coruña e alí os outros peixeiros notaron un lixeiro incremento das vendas. "Na lonxa nótase que, ao estar fechados os restaurantes, hai moita menos demanda de certo tipo de produto" manifesta. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora