Moitos cambios

O Cultural Maniños feminino inaugura tempada con moitos cambios, seis baixas e cinco altas.
01 de Outubro, 2019 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

A nova temporada do futbol feminino chega con cambios. Será de Futbol-7 e empezarase a disputar a Copa antes que a Liga. En decembro producirase o cambio de competición.

ESCOITA O PODCAST:

Nova temporada para o futbol feminino

A punto de arrancar está unha nova competición do futbol feminino na comarca. O domingo dia 6 de outubro comenza a disputarse a Copa de futbol-7 feminino. Será polo sistema de liguilla e a unha volta que rematará a mediados de decembro. Os catro equipo que queden primeiros clasificados xogarán as semifinais e a final que se deixan para despois da Liga, que empeza nesas datas, en decembro.

Este ano cambiou o formato, empezando porque Copa e Liga femininas serán de futbol-7 e non futbol-8 como ata agora. A Liga sí será a doble volta. Nas dúas competicións estamos a falar dun total de dez equipos nesta zona: Libunca (A Gándara); As Pontes; Galicia de Caranza; Cultural Maniños; Eume Deportivo; CCRD Perlío; SD O Val “B”; Rosalía de Vilaboa (Valdoviño); San Sadurniño e Discalzas SD (Cedeira).

Derbi Perlío e o C. Maniños

A Copa de futbol-7 feminino empeza con derbi para os equipos de Fene. O domingo 6 de outubro ás 11:30h nos Pinares enfróntanse o Perlío e o Maniños. Os dous equipos estrean temporada con cambios. Hoxe achegámonos ao Cultural Maniños da man de Carlos Gómez, quen xunto con David  (Na imaxe os dous técnicos) se encargarán da dirección técnica do equipo. A ex xogadora Su incorpórase como delegada.

“Moitos cambios porque houbo moitas baixas por lesións” Con estas palabras resume Carlos Gómez como vai ser o novo equipo do Maniños feminino. Seis baixas moi importantes que se suplirán, de momento, con cinco altas, cinco fichas novas. As baixas son Vane, Su, Izu, Carol Leti e Ana. As altas son catro procedentes do Mugardos: Xeila, Laura Picado, Yoli e Yeni. A elas hai que sumar á ex xogadora do Neda, Angela.

En palabras de Carlos Gómez, van axudar moito e van rexuvenecer o equipo. Non se descarta que haxa algunha ficha máis. A rutina do Maniños será adestrar os mércores e venres no campo do Pote. Do Perlío, ao que se enfrenta o domingo, non sabe canto cambiou. Mañá falaremos en Radio Fene co seu técnico, Juanjo Lorenzo, quen tamén repite como adestrador do Perlío esta tempada.

Deportes

Publica o teu comentario agora