Moitos Feijóo, pero case ningún Feixóo

Moitos Feijóo, pero case ningún Feixóo

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Padecemos un exercicio de deturpación e substitución dos nomes e apelidos galegos, durante o proceso de imposición do castelán en Galicia por parte da igrexa católica e o funcionariado”. Denúnciao así o BNG, que vén de presentar no Parlamento unha Proposición de Lei de Normalización da Onomástica de Galicia, que pretende que “unha parte importante da identidade do país, como os nomes e apelidos propios, e

Segundos os rexistros, arestora en toda Galicia só tres persoas conservan o apelido histórico Feixó, mentres que o presidente da Xunta e outros 6.772 galegos locen a forma castelá Feijóo. Tamén están a piques da extinción fronte ás súas traducións ao castelán os apelidos Roxo, Meixón, Laxe ou Lourenzo, e outros tradicionalmente galegos como Belvís, Esmorís ou Paíño, xa case non se conservan. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, sinalaba hoxe que a proposta do Bloque non quere impor a galeguización do seu nome a ninguén, senón corrixir unha imposición e devolver a onomástica á normalidade.

Institucional