Moitos tampóns en San Valentín

Moitos tampóns en San Valentín
07 de Xuño, 2019 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos tampóns viu o Centro Ocupacional de Aspaneps no tanque de tormentas de San Valentin. Comprenderon así a necesidade de reducir os residuos, reutilizar e reciclar.

Aspaneps na depuradora de Punta Avarenta (Chanteiro Ares)

O centro da Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais (Aspaneps) tamén visitou esta semana a depuradora de Chanteiro, que recolle os verquidos de Ares, Mugardos e Fene. Asimesmo entregaron leitugas da horta comunitaria á xente de Perlío que colabora para a produción de compost. Son actividades realizadas dentro da Semana do Medio Ambiente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora