Monólogos en O Son de Cociña

Monólogos en O Son de Cociña

21 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mesón O Son de Cociña de Perlío (Fene) convoca o Iº Concurso de Monólogos todolos venres do mes de febreiro. Ata o 31 deste mes poden presentarse neste establecemento as persoas que desexen participar no concurso,  que como mínimo deben ter 14 anos. Alí lles facilitarán o día no que lles tocará actuar. Contémplanse premios de 150 e 100 euros ao primeiro e segundo clasificados e unha botella de viño mais 50€ ao

Segundo Mónica Cociña, os monólogos serán de libre elección e non teñen porque ser orixinais. Deben durar entre 15 e 30 minutos aproximadamente.  As sesións dos participantes distribuiránse entre os catro venres de febreiro (7, 14, 21 e 28)  buscando unha duración de entre hora e media ou duas horas por sesión. Ata o 31 de xaneiro hai tempo para apuntarse no propio mesón O Son de Cociña, na Avda Marqués de Figueroa.

Sociedade