Mondoñedo e Ribadeo acollen un Congreso sobre o Camiño Do Norte

Mondoñedo e Ribadeo acollen un Congreso sobre o Camiño Do Norte

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Camiño de Santiago fixo parada hoxe en Mondoñedo. O Centro de Interpretación do Camiño do Norte acolleu a inauguración oficial do Congreso sobre esta ruta xacobea que transcorrerá entre hoxe e pasadomañá e que se enmarca dentro do ciclo “O Camiño de Santiago para o século XXI”. O Congreso, promovido e organizado pola Consellaría de Innovación e In

A inauguración oficial correu a cargo do xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar; dos alcaldes de Mondoñedo e Ribadeo, Manuel O. González e Fernando Suárez Barcia, respectivamente, e do bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge.

A primeira xornada celébrase no centro mindoniense, mentres que mañá viaxará ao Auditorio Municipal de Ribadeo, onde tamén se celebrará a xornada do día 21. O día 4 de marzo rematará cunha visita de estudo a distintos lugares de interese xacobeo do oeste de Asturias e a Mariña lucense.

As actividades complétanse coa exposición fotográfica O Camiño do Norte. Desde Saint Jean de Luz a Santiago, organizada pola SA de Xestión do Plan Xacobeo coa colaboración do concello ribadense. Poderá contemplarse desde o 21 de febreiro ata o 22 do marzo no Parque San Francisco de Ribadeo. As fotos da mostra realizáronse por iniciativa do Xacobeo durante o verán e o outono de 2008, seguindo o Camiño do Norte desde Francia a Santiago de Compostela.

Este encontro sirve para intercambiar puntos de vista, ideas e proxectos relacionados co presente e co futuro do Camiño do Norte, que percorre toda a costa cantábrica, desde o suroeste de Francia, atravesando Euskadi, Cantabria e Asturias. Entra en Galiza pola ría de Ribadeo ata Arzúa, onde desemboca no Camiño Francés, xa preto de Santiago. Este congreso insírese dentro do ciclo “O Camiño de Santiago para o século XXI, iniciado no 2006 en Lugo cun congreso sobre o Camiño Primitivo. Ao ano seguinte, celebrouse en Pontevedra o correspondente ao Camiño Portugués, mentres que en 2008 estivo dedicado ao Camiño do Sueste-Vía da Prata e tivo lugar en Ourense. Para o próximo ano xubilar de 2010 está previsto celebrar o congreso central do ciclo en Santiago.

Sociedade