Monfero celebra o X aniversario de “A lóxica aplastante do comité de propaganda” dos Papaqueixos

Monfero celebra o X aniversario de “A lóxica aplastante do comité de propaganda” dos Papaqueixos

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Veraneantes, Os 3 Trebóns, Ulträqäns, Banda Potemkin e Os Cuchufellos arrouparán este sábado, 31 de outubro, noMosteiro de Monfero a Os Papaqueixos. Esta banda mítica do rock bravú galego festexará en forma de festival o décimo aniversario do seu único álbum A lóxica aplastante do comité de propagan

Os Papaqueixos tamén participaron no disco Unión Bravú co tema “Matías o morcego”. A lóxica aplastante do comité de propaganda contiña 18 cancións onde as letras desenfadadas e cheas de troula se unen á guitarra eléctrica, baixo, batería, e os máis diversos instrumentos como a gaita ou a frauta traveseira.

Unha xornada especial que segundo comentou en Radiofusión, Fran Amil, un dos integrantes dos Papaqueixos, pode ser a última vez que volvamos ver a esta mítica banda xunta enriba dun escenario. De feito, tres dos ex-membros da banda viaxaron a Galicia para ocasión, xa que actualmente viven en Menorca, Ceuta e Barcelona.

Cultura