Monicreques, cabezudos, bandas galegas e unha historieta renden homenaxe a Blanco Amor

Monicreques, cabezudos, bandas galegas e unha historieta renden homenaxe a Blanco Amor

05 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“EBA 5.0: O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d´A Esmorga”. Este é o título elixido pola editora Difusora de Letras, Artes e Ideas para conmemorar o medio século de vida da obra máis célebre do escritor ourensán. Diversas actividades conforman este proxecto que busca impulsar o co

Noite de sombras é o título da banda deseñada que Carlos Rafael Ramos guionizou e Jaime Izaguirre debuxou para incluír no libro-CD-DVD EBA 5.0. Unha relectura en formato cómic onde se amosan os tipos sociais e os espazos de A Esmorga. Igualmente, inclúese un xogo de mesa inspirado tamén nas localizacións da obra. En canto aos textos, a publicación acolle unha comparativa e un percorrido pola evolución e a transformación da cidade e dos tipos sociais da novela baixo o título Da Auria retratada por Blanco Amor á cidade do presente. Cambios sociais e urbanos na Esmorga. Tamén aparecen dous textos dedicados ao Blanco Amor fotógrafo e outro que relata os avatares da edición da obra completa de Ramón Cabanillas que Blanco Amor entregou á imprenta en Bos Aires.

Animales Domésticos, a Banda Municipal de Ourense, Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Guezos, Magritte, Perqtores, Sólidos Galicianos e O Sonoro Maxín son os dez grupos que conforman o CD e que actuarán ademais no Festival EBA 5.0 que se celebrará o 18 de decembro no Auditorio de Ourense.

A Compañía Viravolta dá vida a O horroroso crime do sacristán, unha peza de 40 minutos cunha posta en escena con marionetas e escenografía en madeira, teas e cartón á maneira dos monicreques tradicionais. O espectáculo pode verse no DVD.

Desde mañá venres e ata o 27 de novembro o Museo Municipal acollerá un obradoiro de construción de cabezudos inspirados nos personaxes de A Esmorga. O taller está aberto á participación dos veciños da cidade das Burgas e os cabezudos resultantes pasarán a formar parte da comparsa do consistorio.

Cultura