Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia, celebra cunha xira o seu 30º aniversario

Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia, celebra cunha xira o seu 30º aniversario

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O 4 de marzo de 1979 Isabel Rey e Marcelino de Santiago fundan Os Monicreques de Kukas, actualmente unha das compañías máis estables do panorama teatral galego. Nestes 30 anos de existencia produciron máis de 40 montaxes, entre espectáculos de teatro de marionetas, ruadas e teatro de actor, con argumentos de carácter social e preferentemente relacionados coa historia e as tra

O traballo de Monicreques de Kukas caracterízase por contribuír á dignificación do teatro de marionetas coidando a presentación dos espectáculos tanto dende o punto de vista formal como no argumental e textual. En 7 contos capitais fan unha reflexión sobre as miserias e debilidades humanas sempre desde un punto de vista de humor ácido, co que se recupera un dos aspectos máis tradicionais do teatro con marionetas, o seu carácter de crítica e sátira social. Sete historias nas que a avaricia, a luxuria, a preguiza, a envexa, a luxuria, a soberbia ou ira dos personaxes vanse entrelazando ofrecendo ao espectador unha visión satírica e grotesca destes.

Ademais, tamén investigan na creación e construción de novos prototipos de marionetas que conxugan diferentes técnicas de manipulación que permiten montar espectáculos de gran formato. Promocionan o teatro de marionetas con exposicións, publicacións de textos e unidades didácticas, catálogos, gravacións para a televisión, conferencias ou cursos de iniciación para nenos, mestres ou de especialización para profesionais. De feito, desde o venres 27 ao domingo 1 de marzo Expocoruña acollerán unha exposición de marionetas de Monicreques de Kukas na Mostra de Artesanía.

As entradas para asistir á representación no Teatro Colón poden adquirirse na billeteira de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) ou no teléfono 902 42 44 43 a un prezo de 5 euros. A xira recén comeza na cidade herculina xa que o 6 e 7 de marzo estarán no Teatro Principal de Compostela, e o 14 de maio no Auditorio Municipal de Ourense. Canda a esta obra, Kukas ten en cartel Un agasallo para Xaquín, Sen título 4x8x6 e Contos do vento acatarrado.

 

Sociedade