Montefaro no camiño

Montefaro no camiño
20 de Setembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mellora dos accesos a Montefaro en Ares é un dos retos pendentes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catarina. A entidade quere tamén axilizar as obras de restauración da cociña e dos frescos renacentistas do claustro.

O Exército utilizou o mosteiro de Montefaro como cuartel entre 1897 e o ano 2000

A presidenta da asociación de amigos de Montefaro Celsa Formoso salienta no editorial do número catorce da revista Claustro, as actuacións realizadas na rampla de acceso e nas fiestras da cantina e do piso primeiro. Tamén lembra a restauración do cabido como centro de interpretación do Mosteiro. Na publicación o historiador Juan Carneiro fala dos hospitais sinalados nun mapa da ría de Ferrol de mil catrocentos noventa e oito. Cítanse os establecementos templarios de Santa Catarina de Chanteiro, San Francisco de Ferrol e o Hospital do Santo Espírito de Franza. O último edificio alude a un desaparecido hospital situado na parroquia de Franza. Os hospitais desta época non son máis que habitáculos cunha ou dúas camas. Ao desaparecer ou mudar a función do edificio non deixarían restos no seu entorno.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora