Morre o alcalde das Somozas cando vía un partido de fútbol

Morre o alcalde das Somozas cando vía un partido de fútbol

19 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde das Somozas Manuel Candocia faleceu esta tarde mentras presenciaba un encontro da Terceira División de fútbol. O rexedor tamén era o presidente do club da localidade que ia gañando por 1 a 0 ao Cerceda. Faltando uns minutos para o remate do partido, Candocia sentiuse mal e caeu fulminado nas gradas do campo de fútbol. Un xogador realizou manobras de reanimación sen resultado. Cando chegou unha ambulancia ao campo de Pardiñas, o médico s&oacut

Manuel Candocia Ramos era alcalde das Somozas dende 1979. Nas últimas eleccións encabezou a candidatura do Partido Popular logrando o 79% dos votos e 8 concelleiros por 1 do PSOE.

Sociedade