Morre Santiago Caneiro

Foi un grande propagandista da nosa música popular
15 de Xullo, 2019 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

Descanse en paz Santiago Caneiro, quen a finais dos 80 e principios do 90 dirixiu e presentou o programa "O Curruncho da lareira" en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Comunícannos o pasamento de Santiago Caneiro, despois de anos padecendo unha longa enfermidade. Foi mestre musical de moita xente e director da Banda de Gaitas do Padroado de Narón. Tamén ex traballador de Navantia Ferrol e unha persoa moi comprometida coa nosa música tradicional. En Radio Fene presentou durante varios anos o programa “O curruncho da lareira” no que puxo en valor a música galega máis xenuína.

A Asociación de Gaiteiros Galegos e o Padroado de Cultura de Narón rendíronlle unha homenaxe a Santiago Caneiro Aneiros. “35 anos traballando pola nosa música e a nosa cultura”, foi naquel momento o eslogan co que se difundíu a convocatoria dado o compromiso que mantiña co mundo da música tradicional e moi especialmente co instrumento do que foi profesor na Escola de Gaitas do Padroado. (Na imaxe, Santiago Caneiro, xa enfermo, durante a homenaxe).

Cultura

Publica o teu comentario agora