Morre un home de 74 anos tras esperar máis de media hora por unha ambulancia

Morre un home de 74 anos tras esperar máis de media hora por unha ambulancia
04 de Marzo, 2020 - 08:40 h. | Publicada por Radio Estrada

Un home de 74 anos de idade faleceu na noite deste luns por complicacións nas patoloxías cardiorrespiratorias que padecía. Fíxoo no Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Lalín, ao que foi trasladado por unha ambulancia desprazada desde Chantada, a 40 quilómetros de Catasós, a parroquia lalinense na que residía e á que tardou 36 minutos en chegar a dotación de Urxencias Sanitarias 061. Segundo confirmaron fontes de Urxencias Sanitarias 061, a central de coordinación recibiu unha chamada ás 21,09 horas do pasado luns na que solicitaban medios para atender a un home na parroquia de Catasós, a 5 quilómetros do centro de saúde de Lalín.

Ambulancia no campo de Sinde. O Val. Narón

O paciente estaba afectado de "varias patoloxías" e presentaba un empeoramento da súa situación nas últimas semanas "de forma progresiva".  A chamada produciuse cando xa non estaba en funcionamento o vehículo de apoio do 061 para a zona, dado que remata o seu horario ás oito da tarde. As dúas ambulancias que prestan servizo na comarca --unha con base en Lalín e a outra en Silleda-- atopábanse trasladando a pacientes ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), polo que a central das emerxencias mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico de Chantada, localidade situada a 40 quilómetros.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora