Morre un traballador en accidente laboral en Fene

Morre un traballador en accidente laboral en Fene
21 de Setembro, 2020 - 02:08 h. | Publicada por Radio Fene

Un operario da construción, duns 60 anos, faleceu sobre as 11,15 horas deste luns, 21 de setembro, atropelado por un dumper de obra cando participaba  nos traballos de construción do novo supermercado de Mercadona, no polígono industrial de Vilar do Colo, en Fene. Atopábase traballando nunha arqueta e foi arrolado polo vehículo. 

Obras de Mercadona. Polígono de Vilar do Colo. Fene

Os servizos de emerxencia desprazado á zona só puideron certificar o falecemento do traballador. Acudiron ao lugar os Bombeiros de Ferrol, do GES de Mugardos, Garda Civil e Policía Local de Fene. O equipo de Atestados da Benemérita realizou a proba de alcoholemia ao condutor do dumper con resultado negativo. Tamén se personaron en Vilar do Colo os servizos da Inspección do Traballo para emitir un informe sobre as circunstancias do accidente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora