Morreu Francisco Lamas Sixto Franqui

Morreu Francisco Lamas Sixto Franqui

06 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cine Lamas, Cine Franlaza ou Cinema Fene. Dos tres xeitos coñecíase o cine que funcionou na avenida Naturais de Fene ata que foi derrubado en 1984. Inaugurou a sala en 1928 o avó de Franqui, Francisco Lamas Calvo, heredouna o fillo, Francisco Lamas Zarauza e alí traballou Francisco Lamas Sixto Franqui desde a súa infancia. Morreu esta mañá.

Repartía os folletos anunciadores do cine por boa parte da comarca. Percorría coa megafonía os camiños e rueiros de Fene. Formaba parte da comisión organizadora da caravana dos Reis Magos, e das festas do Antroido. Cando se xubilou aos 70 anos, pasou a integrarse en Protección Civil e colaboraba desinteresadamente cos máis variados eventos. Era unha das persoas máis apreciadas e coñecidas do Concello de Fene. Será incinerado mañá luns, e as súas cinzas serán depositadas no cemiterio parroquial de Fene ás 18,30 horas.

Sociedade