Morreu Xosé Manuel Olveira Pico

Morreu Xosé Manuel Olveira Pico

13 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Galicia perdeu hoxe a un dos nomes máis destacados do teatro, o cine e a televisión. Este xoves faleceu aos 58 anos Xosé Manuel Olveira 'Pico'. O actor, natural de Esteiro (Muros), padecía desde hai meses un cancro.

Vencellado ao teatro desde 1972, Olveira 'Pico'  traballou con numerosas compañías, dando os seus primeiros pasos neste eido coa amadora 'Ditea'. Ademais, desenvolveu a súa profesión no cine, en títulos como 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro, 'A lingua das bolboretas', de José Luis Cuerda, '18 comidas', de Jorge Coira , 'Doentes', de Gustavo Balza ou a recentemente estreada 'Somos gente honrada', de Alejandro Marzoa. 'Pico', quen foi durante varios anos presidente da Academia Galega do Audiovisual, converteuse tamén nun dos actores máis queridos de Galicia grazas ao seu paso pola televisión, onde interpretou papeis en series como 'Mareas vivas'.

Sociedade