A Mostra de Culturas, un dos atractivos das festas de verán de Boiro

A Mostra de Culturas, un dos atractivos das festas de verán de Boiro

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

As festas de verán de Boiro, son unha mistura do relixioso e o pagán. Desde mañá venres e ao longo de seis días Boiro engalánase para acoller as numerosas actividades que se desenvolverán nesta semana grande para os boirenses. Dentro dos actos previstos sobrancea a Mostra das Culturas, unha cita que acada este ano a súa sétima edición. Constitúe unha aposta forte por recuperar as tradicións do concello. A malla do cente

A programación comeza mañá co concerto dos Tres Trebóns como prato forte da xornada. A actuación terá lugar no local social Aturuxo a partir das doce da noite. O sábado ábrese, ás doce do mediodía, a Mostra das Culturas no parque da Cachada  e a presentación do 30 aniversario da Banda de Música Municipal de Boiro. Segundo o alcalde, Xosé Deira Trinañes, o director, os componentes e os antigos directores da banda constituiranse como os verdadeiros reis das festas. Como toda festa que se preze non faltarán degustacións gastronómicas de orella e mexilóns. Boiro pode presumir de ser un dos concellos con maior número de bateas de mexilóns que se acompañarán con viños e música autóctona. A mostra acollerá exhibicións de oficios: redeira, naseira, encorde de mexillón, canteiría, forno tradicional, moenda e cesteiro a cargo de varios colectivos.

No apartado musical destacan as actuacións das orquestras Compostela,  Superfama, Trébolo, Trovadores, Capitol e Os Satélites.  Non faltará a música de gaitas que arrufará os seis días de festexos.

As festas de Boiro serverán tamén para dar a benvida dos veraneantes que pasan as súas vacacións nesta localidade do Barbanza. Xosé Deira explicou en Radiofusión que a poboación de Boiro se duplica nestas datas e que mellor acollida que unhas festaspara comezar o verán de cheo.

Sociedade