Movemento e pensamento

Movemento e pensamento
08 de Marzo, 2023 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

Licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento, Luca Chao ven de presentar o libro ‘Feminismo en cen palabras’ da Editorial Galaxia, sobre o que falamos neste Día da Muller no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Hai unha reflexión que compartía no libro cando estaba dando clase no mestrado de Igualdade da USC. Para min, era importante transmitir ás alumnas que o feminismo é movemento e pensamento. Isto confunde moitas veces porque, normalmente, cando falamos nunha corrente teórica nos quedamos aí nese ámbito do pensamento armado coas palabras pero o feminismo non se entendería senón fora acción diaria. Está moi ben dicir que cremos na igualdade pero, que facemos cada día para que esta igualdade sexa real? O 8 de marzo no momento en que se fai popular tamén obriga a posicionarse, por exemplo, no ámbito das empresas”, afirma Luca Chao dende os estudos de Radio Allariz.

Na imaxe, clube de lectura con Luca Chao en Radio Allariz.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora