Movendo os marcos do patriarcado

Movendo os marcos do patriarcado
08 de Marzo, 2021 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

Megáfonos, potas, chifres soaron esta mañá en Ferrol e noutras cidades galegas. Queremos emprego, traballo xa temos berrábase nestas concentracións. Neste dia da Muller, oito de marzo, editorial Galaxia publica un libro sobre "O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán". As profesoras Marilar Aleixadre e María López Sández, reclaman as ideas de Pardo Bazán e a súa contribución "a mover os marcos do patriarcado".

María López Sández, en Radio Fene en outubro de 2020

Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, esixiu a fin das discriminacións, segundo as autoras do volume. A condesa de Pardo Bazán morreu en Madrid o 12 de maio de 1921, hai cen anos.

Cultura

Publica o teu comentario agora