Movilización contra o ERE de DIA

DIA ten catorce supermercados na comarca de Ferrol
12 de Marzo, 2019 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

Oito supermercados en Ferrol, un en Narón, Neda, en Fene, Mugardos, en Ares e Pontedeume. DIA conta con 14 tendas moi asentadas na comarca de Ferrol. Son moitos traballadores e traballadoras as que se verían afectadas por este expediente de regulación de emprego.

O persoal do Grupo DIA está chamado a mobilizarse en Santiago de Compostela contra o ERE. Concentración o mércores, día 13, ás 12 horas, fronte á tenda do grupo no barrio de Vidán. As traballadoras e os traballadores do Grupo DIA están chamados mañá mércores, día 13 de marzo, a mobilizarse en Santiago de Compostela contra o expediente de regulación de emprego (ERE) na distribuidora de alimentación.

A Federación de Servizos de CCOO convoca unha concentración ás 12 horas fronte á tenda que o grupo ten na avenida da Mestra Victoria Míguez, n.º 45, no barrio compostelán de Vidán. Amais de rexeitar esta regulación de emprego, CCOO quere pór en valor a importancia de manter un cadro de persoal estable, suficiente e cualificado para mellorar a calidade do servizo nas distintas tendas do grupo. (Na foto a de Barallobre- Fene).

Para CCOO, o expediente anunciado «non ten razón de ser», e critica que o actual enfrontamento no seo do accionariado —que se resolverá a semana que vén nunha xunta de accionistas— xerou un «escenario de total incerteza» no que non ten sentido presentar un ERE.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora