Mugardos quence motores para o Nadal

Mugardos quence motores para o Nadal

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A representación da obra de teatro “Bicharada”, que terá lugar o domingo día 6, ás oito da tarde na Sociedade “Amigos da paisaxe galega” do Seixo,  a cargo da compañía Berrobambán, iniciará a programación de actos de Nadal do Concello de Mugardos. Previamente, a partires das seis da tarde do sábado día 5, o alumeado de Nadal funcionará tódolos días das festas navideñas ata

A Concellería de Cultura de Mugardos, que dirixe José Antonio Bouza Rey, ten preparada unha batería de actividades lúdicas e deportivas para estas datas.
A programación teatral inclúe o vindeiro luns, 7 de decembro, o grupo de teatro “O aturuxo de Melpómene” representará “Cometa, cometa” ás oito da tarde no Seixo. O martes, día 8 será o turno do grupo de teatro da sociedade “A Pombiña” coa obra “Melocotón en almíbar” ás sete da tarde na sociedade de San Xoán de Piñeiro. O martes 22 de decembro a compañía “Tiritempo prsenta,ás once e media da mañá no Casino de Franza, a obra “Os tres porquiños e algún outro”.

O cuarto Circuíto Galego de Maxia arrancará o venres 18 de decembro a carg do Mago Gusi e o seu espectáculo “Nadanamanga”, ás oito e media no local de O Seixo. O sábado 26 de decembro o mesmo artista repite actuación co número titulado “Operación truco”, esta vez no Casino de Franza e ás sete da tarde. Remata este circuíto o domingo día 27co espectáculo “Acción” a cargo de Dani García. Será ás sete da tarde na sociedade San Xoán de Piñeiro.

Haberá tamén un espectáculo de danza da man do grupo “Entremans” coa obra “Ven, ven aquí, non , ven ti. Ás oito da tarde no Seixo.
 O salón de plenos do concello acollerá tamén o día 21, ás seis e media, unha sesión de contacontos, orgnizada pola biblioteca municipal, “Os contos de Pablisimo”. O día 30 a sesión trasládase ó Centro Cívico onde ás seis da tarde haberá un Contacontos de Nadal para nenos de 4 a 8 anos.

A programación de Nadal inclúe tamén un obradoiro de móviles para colgar no teito que se desenvolverá os días 28 e 29 de decembro, de doce a unha e media, no Centro Cívico e dirixido tamén a nenos de entre 4 e 8 anos. As inscripcións para este obradoiro faránse no OMIX do Concello de Mugardos.

A tradicional cabalgata de Reis, sairá ás 5 da tarde do día 5 de Xaneiro do peirao mugardés e percorrerá a Avenida de Galicia e as rúas Corzás e do Cristo. Ás súas maxestades de Oriente serán recibidas ás seis da tarde no pavillón municipal do Cristo, para dende alí dirixirse a San Xoán de Piñeiro, Franza e O Seixo. Paralelamente, a partires das sete da tarde, haberá un festival infantil no pavillón, que contará coa actuación dun grupo de animación, inchables, zumes e golosinas.

Polo que respecta ás actividades deportivas o domingo día 27 celebraráse a V Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos. A carreira dará comenzó ás once da mañá no pavillón do Cristo. E do 28 ao 31 de decembro desenrolaráse o “Torneo de Futbol 5” Concello de Mugardos. Será tamén no pavillón do Cristo en horario de catro a oito da tarde.

Cultura