Mugardos reforza a sinalización vial nas contornas dos centros de ensino

Mugardos reforza a sinalización vial nas contornas dos centros de ensino
17 de Novembro, 2020 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Mobilidade dirixida polo Alcalde Juan Domingo de Deus presentou hoxe as medidas de reforzo da sinalización nas vías das contornas dos centros de ensino, logo do análise dos resultados obtidos pola Policía Local de Mugardos do estudo de comportamento na circulación realizado as pasadas semanas.

Medidas de control de velocidade en Mugardos

A Policía Local de Mugardos estudou o comportamento dos condutores preto dos centros de ensino situados no municipio. As conclusións obtidas foron que resultaba urxente a adopción de medidas para a redución da velocidade de circulación dos vehículos nestas zonas.

Os datos amosaron os graves incumprimentos das limitacións de velocidade que, no caso máis gráfico, superaba os 110 km/h nun tramo limitado a 50 km/h. Así, o alcalde De Deus informou que a Policía Local urxiu ao reforzo da sinalización horizontal mediante a instalación de redutores de velocidade e a mellora da sinalización vertical.

“As medidas do concello xa están adoptadas, pero necesitamos da concienciación da veciñanza para que todos xuntos podamos facer das nosas vías un lugar máis seguro” rematou Juan Domingo de Deus.

Institucional

Publica o teu comentario agora