Muimenta premiará á mellor tapa

Muimenta premiará á mellor tapa

30 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación de Empresarios de Muimenta premiará á mellor tapa de entre os seis locais que se inscribiron no concurso, que se celebrará durante toda a semana que ven, e que deixará un premio de 100 euros para un dos clientes que participen na degustación das especialidades.

O certame constará de dous premios: un á mellor presentación, que votará un xurado composto por membros da Asociación; e outro á mellor tapa, que será valorado polo mesmo xurado e tamén polos votos dos propios clientes dos establecementos. A opinión do primeiro contará un 30 % da nota final, mentres que a valoración dos segundos será o 70%. 

 

 

Para os que queiran facer de xuíces de cada unha das especialidades dos locais deberán acudir a partir das sete do serán, xa que é despois desa hora cando se servirán. A tapa de cada local será a mesma os cinco días e cobrarase a un euro.

 

En cada un dos establecementos haberá  unha urna onde se poderán depositar un ticket onde conste a valoración que se lle fai a cada creación culinaria. No boleto deberase poñer o nome, apelidos, localidade, teléfono e o voto, para poder proceder despois ao sorteo dos 100 euros para os clientes.

 

As urnas estarán precintadas ata o venres, momento en que se procederá á súa recollida. A súa apertura aínda está por determinar e contará coa presenza dos membros de Asociación de Empresarios que participaron como xurado e con representantes dos locais participantes. Entre as tarxetas das rutas completas tamén se extraerá unha para outro premio que doarán os locais participantes e que consiste en 100 €.

Sociedade