As mulleres de Maniños

As mulleres de Maniños
01 de Xaneiro, 2020 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A central telefónica de Maniños comezou a funcionar oficialmente o 21 de setembro de 1958. Na mesma xornada se lle deu posesión como alcalde de Fene a Juan Fernández Vizoso e se inaugurou un lavadoiro público na zona da Armada.

Mulleres de Maniños. 21 de setembro de 1958

Eran tempos nos que non había móbiles. Nas casas tampouco había teléfonos fixos. Por iso a central telefónica foi moi importante para Maniños. O gobernador civil Evaristo Martín Freire presidiu todos os actos.  A máxima autoridade da provincia indicou a necesidade de que o Concello traballara con fe e entusiasmo, seguindo as normas “de nuestro Caudillo” e laborando sempre con rectitude, honradez e economía”. Nada de gastos suntuarios, dixo Martín Freire. Fernandez Vizoso tomou posesión como alcalde e como xefe local do Movimiento Nacional (partido político único na ditadura). As autoridades asistiron a unha misa na igrexa de Maniños e ao finalizar actuou no adro o coro Toxos e Froles. Despois a comitiva se dirixiu ao edificio no que se instalara a Central Telefónica. Tamén ese dia inaugurouse un lavadoiro público construído no Piñeiro polo industrial Manuel Otero en lembranza do seu pai Antonio Otero Torrente. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora