As mulleres imos cambiar o mundo

O dia 8 de marzo imos colgar os mandís das fiestras
26 de Febreiro, 2019 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Este domingo 3 de marzo, a cidade de Lugo acolle a manifestación nacional das mulleres, convocada por Galegas 8M. O 8 de marzo está convocada a folga laboral, estudantil, de coidados e de consumo.

ESCOITA O PODCAST:

As mulleres imos cambiar o mundo. Cada 8 de marzo poñemos o reto máis perto. Hoxe achegamonos a esa xornada de folga laboral, estudantil, de coidados e de consumo, convocada para o dia 8 de marzo por Galegas 8M. “Imos colgar todas o mandil da fiestra” afirma Lupe Ces, da plataforma Galegas 8M encargada de reunir a forza feminista e encarar tanto o 8 de marzo como a manifestacion nacional convocada este domingo 3 de marzo na cidade de Lugo. Para acudir a esa manifestación sairán autobuses ás 9,30 dende Ferrol e Narón e retornarán ás 17,30h. Farán parada en Fene e en Vilar do Colo. Lupe Ces falounos da importancia desa manifestación. O dia 8 de marzo será o dia da folga.

Lupe Ces aproximounos á folga laboral, ás dificultades da muller nos traballos sempre máis precarios e pior pagados; pero insistiu na importancia da folga de consumo e de coidados, onde as mulleres temos a “exclusividade” O 8 de marzo será moi importante colgar os mandís das fiestras e, se se pode, acudir as concentracións da mañá ou á manifestación da tarde. Galegas 8M fai o posible porque o 8 de marzo as reivindicacións das mulleres se deixen sentir. O sabado colgaron mandís nas estátuas de Ferrol. O proximo dia 6 pola mañá teñen convocado unha ofrenda floral no monumento ás folga das mulleres de 1918, en Sedes. E esta tarde chega a segunda entrega do ciclo de cine no Ateneo, organizado por Galegas 8M. Ás 18,30h proxéctase “Figuras ocultas” de Theodore Melfi (2016).

Sociedade

Publica o teu comentario agora