Mulleres pintando mulleres

Mulleres pintando mulleres
13 de Abril, 2021 - 09:26 h. | Publicada por Radio Fene

Este ano non houbo maratón de lectura "Mulleres lendo mulleres" co que o concello de Fene festexa cada ano o 8 de Marzo. No seu lugar podemos decir "Mulleres pintando mulleres" porque iso foi o que rodeou a execución dun mural conmemorativo do Día da Muller. Onte inaugurouse en San Valentín.

Felicitacións ás nove mulleres artistas que onte á tarde recibían o recoñecemento do concello de fene pola execución do mural que pintaron durante o mes de marzo en San Valentín coas mulleres como tema principal. A pintora Mari Loli Fernández recibiu en nome de todas un agasallo de mans do alcalde, Juventino Trigo, quen agradeceu públicamente a súa dedicación desinteresada para conmemorar deste xeito o 8M Día Internacional da Muller. Boa parte da corporación municipal asistiu a este acto celebrado onte ás tarde. O mural, de considerables dimensión, pódese contemplar no muro situado fronte ao local municipal dos SS SS. no barrio de San Valentín.

Mulleres nos máis variados traballos, foron representadas por este equipo de pintoras de Fene e Ferrol ás que lles quedaron ganas de seguir colaborando neste tipo de iniciativas que, de paso que embellecen as cidades, chaman a atención dos cidadáns sobre moitas cousas. Nesta ocasión sobre o traballo das mulleres. Asinaron este mural: Dolores Fernández, Saila Chao, Dulce Anca, María Carmen García, Marta Barro, Oliva Yáñez, Eva Seoane, Alicia Rivera e Nicole Manteiga. Parabéns.

Cultura

Publica o teu comentario agora