Mulleres, valentes e decididas

Mulleres, valentes e decididas

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falar de consumo nun mes como o de Nadal pode parecer un feito inherente a estas datas do ano. Datas que se cadra invitannos a facer unha reflexión sobre os nosos hábitos de consumo e tentar que vaian dirixidos hacia outros modelos que ademáis de satisfacer os nosos desexos, melloren as condicións de vida de milleiros de persoas. Ésa é unha das opcións que durante estes días estannos a amosar na nosa terra dende o Centro Femenino 8 de Marzo da parro

A fundadora do colectivo “Centro Femenino 8 de Marzo”, Zoila Orquera, fixo a primeira viaxe da súa vida, e a súa primeira saída da súa localidade natal, Chillogallo,  para desplazarse a Galiza, onde vai permanecer toda esta semana, para difundir e expoñer o proxecto creado por ela mesma hai máis de vinte anos.  Un proxecto nacido no ano 1986, do espíritu de cinco mulleres convencidas da necesidade de cambiar a situación de sumisión e dependencia da muller nun país de arraigados e férreos costumes machistas e  fortemente marcado pola pobreza.

O proxecto é hoxe unha realidade social que permitiu o recoñecemento da identidade da meirande parte de mulleres desta aldea que ademáis desto están a desenvolver multitude de proxectos de axuda social grazas ao traballo de comercio xusto que desenvolven. O Centro 8 de Marzo, nacido como unha entidade de capacitación femenina para que as mulleres saísen do seu fogar e complementasen as precarias economías das familias, convertiuse hoxe nunha empresa de comercio xusto adicada á fabricación de bisuterías en vitrofusión, bolsos, serigrafía, tecidos e artesanías que están a distribuir por países de todo o mundo, co único obxectivo de autofinanciar os proxectos sociais que dende a súa fundación leva a cabo este centro ecuatoriano. Neste senso, tódolos seus ingresos destínanse integramente a financiar a asistencia médica, que no país está só reservada a quen ten cartos para pagala, ao financiamento de programas de capacitación de mulleres e nenos ou ao mantemento de hogares de acollida para nenos de familias sen recursos.

Obteñen este ingresos a través da venda dos seus productos de artesanía e de cultivos ecolóxicos que poñen no mercado a través das “feiras libres” que celebran no seu país e agora tamén coa distribución das mesmas a través de organizacións de cooperación internacional como “Solidariedade Galicia”, entidade que está a colaborar activamente co Centro Femenino 8 de Marzo, non só a través da distribución dos productos de comercio xusto senón tamén con axudas e investimentos para a mellora destes relevantes proxectos sociais alternativos.   

Sociedade