Murguía inventa un país que non existía

Murguía inventa un país que non existía
09 de Febreiro, 2023 - 08:04 h. | Publicada por Radiofusión

Murguía inventa un pais que non existía. Hoxe falamos dunha Galicia que existe por unha idea, un obxectivo e un proxecto de Manuel Murguía. No momento de construción das identidades nacionais en toda Europa, el impulsa o concepto de Galicia como nación. Xosé Luís Axeitos, xunto con Xosé Ramón Barreiro, publicou en catro tomos o epistolario do escritor nacido en Arteixo. “Traballar con Barreiro era moi cómodo, a colaboración foi total e absoluta con conversas diarias de dúas ou tres horas e aprendín moito” apunta Axeitos. 

Fotografía Xan Xe

O testamento de Gala Murguía deixoulle todo a documentación dos seus pais á Real Academia Galega, aínda que cun permiso a Xoán Naia para que collera o que desexara. Por iso, a Academia conservou boa parte do epistolario de Manuel Murguía e Rosalía de Castro.  “As cartas cumpriron funcións didácticas e  literarias pero poucas veces tiveron entidade autónoma. Utilízase para a elaboración de biografías e apousentar sombras de personaxes que non existen, pero o epistolario ten unha lectura autóctona. Eu reivindico a capacidade do xénero epistolar” afirma Axeitos. A carta é un xénero íntimo pero non secreto “aínda que moita xente busca secretos no xénero”. “É a estrutura máis sinxela que case todo o mundo domina na actualidade, aínda que na época de Murguía só unha minoría culta, da pequena burguesía sabia ler e escribir”. 

 

Fotografía Xan Xe

Mañá venres pódese escoitar en Radio Fene Radiofusión a conversa con Xosé Luís Axeitos en torno a Manuel Murguía. Participan tamén Anxos García Fonte, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora