Musica cubana en La Room

De novo a música cubana soará na sala La Room de Ferrol
16 de Outubro, 2019 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

A cubana Haydée Milanés presenta en Ferrol o seu disco arredor da obra do seu pai, Pablo Milanés.

Identificase con Lila Downs, Julieta Venegas ou Natalia Lafourcade. Pero tamén recoñece a obra do seu pai. Haydee Milanés asume que é filla dunha figura importante na música cubana e mundial. Busca o seu lugar e facer unha traxectoria independente, pero recoñece que a música de Pablo Milanés nunca a abandonou. Haydée Milanés (filla de Pablo Milanés) actúa mañá xoves 17 de outubro en Santiago e o venres en Ferrol.

Haydée Milanés, filla do gran cantautor cubano, Pablo Milanés, actúa este viernes 18 de octubre, a partir de las 23.15 horas na sala La Room de Ferrol. Presentará o seu último traballo "Amor edición deluxe". Este disco aborda a obra dun dos máis importantes autores do siglo XX de Latinoamérica: Pablo Milanés. Neste traballo Haydée propúxose invitar a grandes intérpretes de Latinoamérica, España e Francia, para cantar a dúo con ela.

Antes, en 2017, publicada "Amor, Haydée Milanés a dúo con Pablo Milanés", homenaje de Haydée á obra de Pablo Milanés e á canción cubana, no que ambos cantan a dúo 11 cancións da autoría del compositor entre os anos 60 e 80. Haydée Milanés (La Habana 1980) é compositora, arreglista e productora musical.

As entradas para o concerto na sala La Room de Ferrol custan 8 euros e están á venda en www.ataquilla.com/, na sala La Room e Café Sevilla (rúa Galiano 20 Ferrol). (Na imaxe, Niurka Carbonell, que actuou na mesma sala hai unhas semanas)

 

Cultura

Publica o teu comentario agora