ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As sociedades culturais do concello de Fene preparanse para celebrar as Letras Galegas. Imolas dar a coñecer por entregas. Hoxe falamos da AVV de Magalofes onde a música e a artesanía son os principais atractivos no 17 de maio.
Os actos arrincan o venres 14 de maio con dous concertos, un de musica pop para os máis mozos ás 8 da tarde, con dous grupos convidados de Fene, Arredemo e Os Fenéticos .
Dende as 9,30 actuará por 1ª vez en Magalofes a Rondalla Estrelecer do CMI Unidade de Fene.
Este sabado 15 de maio a AVV de Magalofes abre as exposicións da escola de manualidades da parroquia e outra de árbores ornamentais de Viveiros Moreira. Na mesma noite do sabado actua a Orquestra Acordeóns Lembranza, dirixida por Virginia Calvo, nos locais de Magalofes, dentro dos actos institucionais do concello de Fene.