ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Cabanas organiza un concerto de “Keilin 5 Ensemble”, unha cita que terá lugar o próximo venres, 18 de decembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello.
O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, organiza un concerto de “Keilin 5 Ensemble”, unha cita que terá lugar o próximo venres, 18 de decembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello. Debido ás restricións sanitarias, o aforo estará limitado, polo que é preciso realizar inscrición previa até o mércores 16 de decembro, a través do correo electrónico cultura@cabanas.gal ou chamando ao 981 495 959 (ext. 3). As persoas interesadas deben facilitar o nome completo, data de nacemento e DNI á hora de facer a inscrición. A decoración navideña no concello de Cabanas inclúe unha gran bóla de Nadal situada no Paseo que se está a converter nun gran atractivo turístico.
A familia Keilin, residente en Galicia, interpretará algunas das obras máis destacadas da música clásica. Os integrantes son naturais de San Petesburgo: María Keilin ao piano, Iliá, Mateo, Arsenio y Gregorio Keilin al violonchelo. O quinteto familiar nofrecerá un concierto no que os asistentes poderán disfrutar de obras de W.A. Mozart, J.Ph. Rameau e G. Faure.
Publica o teu comentario agora