Musica por todo o alto

Ferrol celebra as súas festas con música de todo tipo e para todos os públicos
31 de Xullo, 2019 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

Un concerto cada día dende o 23 ata o 31 de agosto

Fangoria, Dorian, Siniestro Total e moito máis nas festas de Ferrol 2019. Este ano as festas da cidade celébranse do 23 ata o 31 de agosto con actuacións musicais de balde para todos os gustos e públicos, en tres escenarios diferentes: a praza de España, a praza de Amboaxe e o barrio de Canido, sempre a partir das 22 horas. Repasamos o cartel:

  • As festas de Ferrol 2019 abren o venres 23 de agosto, na praza de España actuará Fangoria. O grupo de Alaska e Nacho Canut celebra os 30 anos co seu decimoterceiro disco : “Extrapolaciones y dos preguntas 1989-2000".

  • O sábado 24, tamén na praza de España soará a música da banda barcelonesa Dorian, unha das mellores do pop e da música electrónica contemporánea.

  • Na xornada do domingo, o folk chegará á praza de Amboaxe con dous grupos: Tanxugueiras e Os Amigos dos Músicos.

  • O luns 26 actuarán as rondallas e o martes 27 haberá espectáculos familiares nas rúas, éstes últimos aínda están por pechar.

  • Pedro Guerra subirá ó escenario da praza de Amboaxe o mércores 28. O cantautor canario trae novas versións dalgúns dos seus temas máis famosos, e algunha colaboración.

  • No mesmo lugar, pero o xoves 29, escoitaremos a Marlon, un grupo de rock que segundo din eles mesmos, busca “un mundo de paz e amor”. Un rock inspirado por John Lennon ou Los Rodríguez.

  • Non saímos da praza de Amboage tampouco o venres 30. O donostiarra Mikel Erentxun reinvéntase e trae os temas do seu novo disco “El último vuelo del hombre bala”.

  • Finalmente, Siniestro Total pechará os festexos o sábado 31 tras os traidicionais fogos de San Ramón. O concerto será no barrio de Canido.

Así e todo, a este programa se lle poderían sumar outras actividades como cine ao ae libre ou a actuación dalgunha banda local.

Cultura

Publica o teu comentario agora