Núñez Feijoo promete 3.500 prazas públicas en escolas infantís

Núñez Feijoo promete 3.500 prazas públicas en escolas infantís

13 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, manifestou esta mañá na escola infantil de Vilalba que Galicia incrementará 7000 novas prazas públicas de escolas infantín, durante os oito anos da sua xestión. o presidente engadíu:  “Temos o compromiso e a determinación de manter os servizos públicos fronte á crise priorizando as necesidades, e estamos sendo capaces de abrir novos hospitais, novas escolas i

Durante unha visita ás instalacións da escola infantil de Vilalba, o titular da Xunta precisou que en Lugo, nesta lexislatura, incrementaranse un 10 por cento as prazas en escolas infantís, distribuídas entre os concellos de Burela, O Corgo, Guntín, Meira e Lugo cidade. E, en concreto, adiantou que as novas escolas públicas de 0 a 3 anos de Guntín e Meira estarán rematadas antes de que finalice o ano.

O presidente do Executivo autonómico destacou o esforzo que está a facer a Xunta para, a pesar da crise, mellorar a dotación dun servizo esencial co obxectivo de acadar unha mellor conciliación da vida familiar e laboral. E, nesta liña, incidiu en que nestes catro anos de crise puxéronse a disposición dos pais galegos arredor de 3.000 prazas públicas de escolas infantís, un 55 por cento máis que en época de bonanza. No caso da provincia de Lugo pasouse de menos de 700 prazas públicas a máis de 1.000, un incremento do 39 por cento.

No tocante ao mantemento dos servizos públicos, Feijóo recordou que na actualidade Galicia conta cun total de 19.000 prazas de escolas infantís entre públicas e financiadas con fondos públicos, e que só nesta provincia destinan preto de 4 millóns de euros ao seu mantemento.

Por último, o titular da Xunta reiterou o compromiso da Administración autonómica co Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2012-2015, así como a vontade de seguir traballando a través do diálogo e a colaboración cos concellos, “detectando as necesidades obxectivas, priorizando esas necesidades, e traballando man a man para acadalas”, concluíu.

Sociedade