Na fin da colleita

Na fin da colleita

06 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A localidade de Punxeiro en Viana do Bolo (Ourense) acollerá este sábado a V Festa da Vendima coa participación de case 20 adegas. O ano pasado o evento congregou a unhas 2.000 persoas. Xunto coa entrada -ao prezo de 10 euros no posto de venda da organización- os participantes recibirán un pano de cór e unha cunca de barro, na que poderán degustar os viños de todas as adegas. Ofreceráse tamén unha gran variedade de pinchos e tapas.

A peregrinaxe festiva estará acompañada polo grupo Musarapa de Manzaneda e pola charanga de Cuntis Vakpinta. As orquestras Triunfo e Ciclón amenizarán a verbena ata a madrugada.
A quinta edición da Festa da Vendima comezará este sábado 8 de outubro pola tarde.


Sociedade