Na morte de Alicia Alonso

A viaxe da Tenencia de Redes a Cuba cadrou coa morte da bailarina
04 de Novembro, 2019 - 09:53 h. | Publicada por Radio Fene

A gran bailarina cubana, Alicia Alonso, e o Centro Gallego de La Habana quedaron unidos para sempre despois da revolución. A chegada do grupo de Redes o dia 18 de outubro ao Gran Teatro cadrou cos funerais da diva.

ESCOITA O PODCAST:

O azar quixo que a viaxe da Tenencia de Caamouco a Cuba coincidise co falecemento dunha das figuras máis emblemáticas do país caribeño. Mentres o grupo de galegos e galegas de Redes (Ares)  voaba rumbo ao aeroporto José Martí de La Habana, falecía no Centro de Investigaciones Médico Quirúrgicas da capital cubana a directora do Ballet Nacional de Cuba, Alicia Alonso. Alicia Ernestina de la Caridad del Cobre Martínez del Hoyo, máis coñecida como Alicia Alonso, foi a bailarina profesional e coreógrafa máis importante de Cuba. Famosa polas súas representacions de Giselle e Carmen, ademáis doutras grandes obras do repertorio clásico e romántico, coas que percorreu o mundo enteiro ao frente do ballet nacional. En 1948 fundou a compañía co seu home á que chamou "Ballet de Alicia Alonso". Tras a revolución aceptou a proposta de Fider Castro de convertilo no ballet nacional de Cuba. O goberno cubano, á súa vez, deulle o seu nome ao Centro Gallego de La Habana, que pasou a denominarse “Teatro Nacional Alicia Alonso”.

Apuntes

O inmoble, ubicado no Paseo del Prado, tivo a súa orixe no Teatro Tacón, inaugurado en 1838. En 1906 adquiriu o edificio a Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia que o demoleu, adquiriu máis terreos e  inaugurou o actual inmoble en 1914, para albergar o Centro Gallego. O costo achegouse aos dous millóns de pesos. O novo complexo comprende non só o teatro, senón tameń dous salóns de baile, un casino, salóns de xogos, oficinas, caixa de aforros, tesourería, restaurantes e cafés. Cun estilo que mestura renacemento e barroco, é obra do arquitecto belga, Paul Belau. Foi sometido a unha importante restauración no ano 2016.

Semella que o destino quixo que as dúas historias confluísen nesta viaxe porque precisamente o Centro Galego foi o primeiro destino dos viaxeiros de Redes. Querían ver de preto o gran pazo levantado polos galegos e galegas que emigraron á illa. Alí toparonse o venres 18 de outubro cos preparativos da despedida a Alicia Alonso porque alí se ubicou a capela ardente da bailarina. Centos de personas acudiron o sabado 19 a darlle o último adeus. Despedírona cun funeral masivo no Gran Teatro de La Habana, o noso Centro Galego. O Goberno cortou as rúas do centro histórico habanero arrededor do Capitolio e algúns poideron ver a Raul Castro subindo as escaleiras do Centro Galego cando visitou a capela ardente da súa amiga.

Cando, ao dia seguinte, a comitiva aresana formada por 56 persoas chegou ao cemiterio de Colón para visitar aos seus, volveronse topar coas flores, rosas na súa maioría, que adornaban a tumba de Alicia Alonso, moi cercana por certo ao panteón dos Naturais de Ortigueira enterrados alí. Descansen todos en paz.

Sociedade

Publica o teu comentario agora