Na procura da felicidade

Na procura da felicidade
29 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A felicidade é un estado”. Non somos felices en todo momento e circunstancia, senón que ás veces estamos felices. O psicólogo José Barcia aclara conceptos sobre unha das grandes arelas da humanidade, a busca da felicidade.

ESCOITA O PODCAST:

Tres grupos de factores levan a acadar ese “estado de satisfacción”: a disposición xenética, as circunstancias nas que vivimos e o que semella ser unha carteira de investimento na que podemos poñer da nosa parte. Algúns aspectos poden axudar a aumentar as opcións de felicidade como a integración na comunidade ou o significado que lle damos á nosa vida. “Conexións, saúde, significado e crecemento persoal son os catro piares”. Tamén na escola poderían aprenderse habilidades que axuden, por exemplo, á xente moza a combater o sufrimento  e a frustración polas grandes expectativas que lles xeran as redes sociais “Pódese traballar exemplo con habilidades sociais, empatía, escoita, coas de comunicación, de coñecerse mellor un mesmo, a resolución de conflitos e coa comprensión do que son as emocións”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora