Nacín oíndo a Milladoiro

Nacín oíndo a Milladoiro, afirma Alberto Maceiras
29 de Novembro, 2018 - 01:43 h. | Publicada por Radio Fene

"Nacín oíndo a Milladoiro" afirma o músico Alberto Maceiras, integrante do grupo Encrucillada. Ten corenta anos, igual que o grupo fundado por Antón Seoane e Rodrigo Romaní e confesa que segue sendo devoto destes músicos emblemáticos. "E tamén admiro moito a Xabier Díaz" conclue.

ESCOITA O PODCAST:
Alberto Maceiras, do grupo Encrucillada

Sara Guerreiro na voz, Óscar Maceiras no bombo e Javier Rodriguez co acordeón forman Encrucillada. Tamén soa o tamboril de Héctor Piñeiro, o saxo lixeiro de Alberto Maceiras e a gaita de Toni Lago. O grupo Encrucillada reivindica a música tradicional e presentan o seu primeiro album que recibe o nome de Marbán. Marbán é tamén a séptima canción do disco con letra de Moncho Borrajo.

A canción Marbán de Encrucillada, relata a lenda recollida no monte Marbán nas Somozas. Segundo Otero Pedrayo na súa guía de Galicia, un cabaleiro gañara a cen doncelas nunha batalla. Fechounas nunha casa das Enchousas e quería levalas para África desde os mares de Valdoviño. Concentráronse no monte os pais e as nais e berraban laiandose “Polo mar van”. Encrucillada. Venres ás nove da noite no Pazo da Cultura de Narón.

Cultura

Publica o teu comentario agora