Nace Avoaescola, unha escola infantil en galego

Nace Avoaescola, unha escola infantil en galego

10 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola Infantil Avoaescola abríu as suas portas en Ferrolterra, no centro urbano do Concello de Narón, estrada de Castela nº 184, no Alto do Castiñeiro. Trátase dun espazo educativo en galego dedicado, a nenos e nenas de 0 a tres anos. O dato máis singular é que estamos diante dunha cooperativa popular na que as propias familias asociadas teñen poder de decisión sobre as cuestións relacionadas co funcionamento e mantemento da escola

A aprendizaxe

A educación céntrase na motivación e interese dos meniños e meniñas, respectando o ritmo e as características de cada quen. Defínese como “un espazo educativo inclusivo, laico, amábel, respectuoso e aberto á comunidade social do seu entorno”.
Utilizan unha pedagoxía que parte da indagación e da investigación-acción, en busca da autonomía dos nenos/as, fomentando valores como a igualdade, a solidariedade, a empatía, o respecto, a coeducación, a tolerancia e o coidado polo medio ambiente.
Francisco López, é presidente de Avoaescola Sociedade Cooperativa Galega e director da Avoaescola Ferrolterra; Carla Prego, mestra infantil, pedagoga e directora; Bibiana Grandal, mestra infantil e psicopedagoga e Carmen Álvarez, mestra infantil.

As instalacións

Ademais das aulas e o lugar de descanso, cóntase cunha aula especial de psicomotricidade totalmente equipada e unha zona de xogo ao aire libre con espazos verdes e unha horta ecolóxica.

Prezos populares

Avoaescola ten prezos económicos, cunha promoción de benvida do 50% de desconto no primeiro mes.
Avoaescola ofrece facilidades de pago para facer efectivas as axudas da administración ou empresas (cheque infantil, becas, ...) e garantiza a escolarización dos/as nenos/as durante o curso no caso de problemas económicos da familia.

Horario de atención

Avoaescola está aberta de luns a venres, de oito e media da mañá a seis e media da tarde; dispón de servizo de horas soltas e de atención alimentaria para o xantar ou a merenda das crianzas.
Esta Escola Infantil é de AVOAESCOLA Sociedade Cooperativa Galega, apoiada económica e socialmente pola Asociación Galiza co Galego.

Contactos

Avoaescola Ferrolterra
Telfs: 981930850 – 655011250
email:avoaescolaferrolterra@gmail.com

Sociedade