Nace buxaina.com, unha tenda para xogar

Nace buxaina.com, unha tenda para xogar

20 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mesmo día no que se celebrou no concello de Fene - A Coruña- o Día do Peón abríuse na rede unha tenda on line na que se venden xogos populares, antigos e de diferentes orixes no mundo, realizados en madeira. Ana Teijeiro e Suso López, son os seus creadores. Carpinteiros de Fene, foron xestando durante máis dun ano a creación desta tenda onde podemos entrar poñendo o nome de “buxaina.com” .

En buxaina.com atoparemos un precioso lugar onde elexir xogos como o carom (un billar de mesa); o xogo real de Ur, etc, todos eles traballados nunha base de madeira, ilustrada co xogo en cores e un caixón para gardar as fichas e instruccións, segundo nos contan os creadores.

No tempo aproximado dunha semana teremos o xogo na casa. Pensando nas próximas datas de Nadal, é ben saber os prezos máis que asequibles, que rondan entre os 9€ o xogo máis sinxelo ata os 79 € do máis complexo. O prezo medio ronda os 30 €. A páxina  buxaina.com foi deseñada pola empresa “scvisuais.com”

Na entrevista que vos ofrecemos nesta nova, podense coñecer máis detalles da nova empresa de Ana Teijeiro e Suso López.  

 

Sociedade