Nace a festa de Breogán, á medida dos galegos e galegas

Nace a festa de Breogán, á medida dos galegos e galegas

05 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Comer, beber, bailar, rir... Nace a Festa de Breogán!! O Burgo, 13, 14, 15 e 16 de xuño. Unha festa do país con produtos e prezos do país; unha festa a medida dos galegos e as galegas e de todas aquelas persoas que queiran gozar do noso. A Festa de Breogán nace como unha grande exaltación de produtos galegos varios, non centrada nun único xénero senón na promoción do que produce a nosa terra, o noso mar e/ou as mans e a creativida

Para xantar ou cear haberá polbo, churrasco, empanadas, marisco e galipizzas (pizzas con ingredientes galegos como queixo de San Simón, raxo, grelos, etc.). Para beber; cervexa, sidra, viño, auga, licores e "cubatas" de ron, vodka e xenebra; todos eses produtos elaborados en Galicia. E para entreternos, cantar, rir, bailar e gozar, non faltarán as actuacións musicais, monólogos, circo, etc.

O rock dos Claretes, a danza de Entrecaixas, o folk de Alén, a Fanfarria Taquikardia, o punk-folk-progresivo dos UlträQäns e a música tradicional de Tátara Trío porán as melodías, Isabel Risco e outros amigos porán as notas máis humorísticas presentándonos á "Chorbicelta" ou a súa peculiar "Macroqueimada" o sábado pola noite, e Natalia "Pajarito" porá o peche espectacular xa o domingo. Tamén participarán grupos locais polas tardes como os Ancoradoira de Culleredo e os Cantareiros de Naval de Santa Cruz.

Ademais, no exterior da carpa non faltarán postos de feira con produtos galegos de diversa natureza, que contribuirán a enriquecer este escaparate da riqueza de Galicia no que se converterá o paseo de O Burgo nestes días.

A Festa de Breogán, organizada e producida por DalleQlibras e o Forum Celticum, estará aberta todos os días desde as 12 da mañá e a pleno rendemento ata ben entrada a noite.

Organiza:
DalleQlibras S.L e Forum Celticum S.L
Colaboran:
Concello de Culleredo, HT Producciones Espectáculos, Ya-Car, Estrella Galicia, Gadis

Sociedade