Nace a páxina web do Centro Cultural Torrente Ballester

Nace a páxina web do Centro Cultural Torrente Ballester

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Cultural Torrente Ballester presentou esta mañá a súa páxina web. A cidadanía poderá paser polo novo sitio www.centrotorrenteballester.com. Jesús e Julio de la Iglesia, da empresa Desafío Digital crearon o novo portal que xurde cunha posta en escea sinxela e clara que permite unha navegación cómoda. Supón unha ferramenta fundamental na era de Internet para este centro s

A web preséntase en dous idiomas -galego e castelán- e nace coa vontade de ser un servizo útil para creadores, comisarios, institucións, medios de comunicación, profesionais do sector e todos aqueles cidadáns e cidadás interesados en profundizar nos seus contidos. O novo espazo virtual ábrese cunha portada na que cobran protagonismo as tres exposicións: “La osadía del bufón. Pequeñas historias de arte y política” e “Oriental ” -na Sala de Proxectos-; e “Animalario” -na Sala Máximo Ramos-. A estas propostas súmase “Táctica”, de Fernando Sánchez Castillo (o Vídeo do Mes), así como aqueloutras que están incluídas na programación para o presente ano, entre as que figura ”Suso Basterrechea ... Seguro?”, “Ocaso by Marina Núñez” ou “USA Today".

 

O novo portal ofrece tamén ao usuario información sobre a historia do centro, que se remonta ao último tercio do século XVIII, como Hospital de Caridade, e a súa inauguración xa como contenedor cultural o 13 de marzo de 1993. Ademais contén información acerca do proxecto museístico no que se ten convertido o Centro Torrente Ballester, coas súas salas de exposición e a  Zona de Lectura na que o visitante pode consultar os catálogos en curso, revistas especializadas e un longo etcétera. Así mesmo, a nova web dá a coñecer un dos seus obxectivos: a difusión e a investigación da arte contemporánea, para o cal o CTB conta cun servizo de visitas guiadas en salas así como unha serie de actividades pensadas para colexios, asociacións e distintos colectivos. A web ofrece a maiores a posibilidade de mercar as publicacións editadas das exposicións que se foron inaugurando, como a de “Roberto González Fernández. Punto y Seguido”, “I love you”, “5 visións desde os 90” ou “A rebelión dos xéneros, entroutras. Como novidade, os seus creadores destacaron a súa adaptación aos dispositivos móbiles, desde os cales se pode tamén acceder aos contidos da páxina.  

Sociedade