Nace unha Escola de Teatro en Fene, dirixida por Carlos Basoa

Nace unha Escola de Teatro en Fene, dirixida por Carlos Basoa

08 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Circulo Mercantil de Industrial Unidade de Fene pon en marcha unha escola de teatro. O coñecido actor e director teatral, Carlos Basoa, encargarase da docencia dunha escola que comezará a súa actividade a principios de outubro. O CMI crea tamén un grupo de teatro de adultos, que con toda probablidade se denominará "Pérez Parallé" que tamén dirixirá o actor fenés.

Segundo comunica a entidade, o alumnado da escola de teatro deberá aboar unha cuota mensual de 10 euros os socios e de 15 euros os non socios. As persoas interesadas, maiores de seis anos,  deben apuntarse na cafetería do Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Era esta unha vella aspiración da entidadefenesa, volver contar co teatro entre as suas ofertas culturais, segundo declaracións do presidente, Xosé Manuel Romero.

Sociedade