Nada de tortilla española

Nada de tortilla española

15 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Serán 23 os locais de hostelería os que finalmente participen no I Concurso gastronómico da pataca. Apuntáronse 10 establecementos da parroquia de Fene, 7 de Perlío, 3 de San valentín, 1 de Sillobre e 1 de Maniños e 1 de Barallobre.Curiosamente, entre os nomes das tapas que cada establecemento presenta a concurso, non atopamos a tortilla española, desbancada pola "pataca golosa" ou a "pataca revolcona".

Dende o próximo venres dia 18 os 23 locais feneses servirán gratuitamente, coa consumición, tapas cociñadas coa pataca como base. Equivócase quen pense que atopará tortilla de patacas por todas partes, porque non haberá en ningún dos establecementos do concurso. Sí topará con tapas como: Timbal de pataca con berberecho, pataca caprichosa, patacas revolconas ou pataca golosa, todo menos tortilla de patacas. Pura imaxinación a dos bares de Fene. A imaxinación ao prato.

Os clientes acceden a tres premios de completar, cando menos, a metade da ruta.

Sociedade