Nano vai á escola

Os escolares feneses estrean as vacacións de Nadal con Nano
23 de Decembro, 2019 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

O contacontos “Nano vai á escola”, de Raquel Queizás chega este primeiro dia de vacacións á biblioteca municipoal de Fene. A función diríxese a nenos e nenas de entre 1 e 4 anos e as prazas están limitadas a 25. A participación é gratuíta con inscrición previa.

“Nano vai á escola”, chega hoxe luns 23 de decembro, ás 12 horas, a cargo da narradora Raquel Queizás. Celebrarase na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé, dirixido a un público de entre 1 e 4 anos, e a participación é gratuíta, pero con inscrición previa ata o propio día da actuación ás 11 h. De forma presencial ou no teléfono 981 34 23 02 (os días 18, 19 e 20 en horario de 16 a 20,30 horas). O aforo está limitado a 25 participantes.

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Nano vai ter unha nova experiencia vital... vai a ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que, desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van a ser un gran apoio.

Cultura

Publica o teu comentario agora