Nas Foxas con Juventino Trigo

De "rodillo" calificou o portavoz do BNG o goberno de PP-Somos Fene.
21 de Setembro, 2018 - 01:51 h. | Publicada por Radio Fene

Juventino Trigo afirmou que "os orzamentos son malos e o diálogo é nulo"

ESCOITA O PODCAST:
Juventino Trigo

Radio Fene abréu hoxe a Fenestra co espacio As Foxas e co portavoz do BNG no concello de Fene, Juventino Trigo, como convidado. Con el repasamos o pleno polémico no que o goberno de Somos Fene e o PP rexeitou as alegacións da CIG aos Orzamentos do 2018. Trigo calificou de "rodillo" a maioría absoluta do actual goberno local. "Os orzamentos son malos e o diálogo nulo" engadiu o voceiro nacionalista, quen os comparou cos do 2016 cando gobernaba o Bloque, afirmando que aqueles contemplaban un plan de emprego e un aumento na partida dos Servizos Sociais municipais. Criticou Juventino Trigo o gasto abusivo en electricidade ou a contratación externa de servizos. Co portavoz do BNG falamos tamén doutros asuntos nesta entrevista.

Institucional

Publica o teu comentario agora