A natación artística máis solidaria

A natación artística máis solidaria
07 de Xaneiro, 2019 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Sincro Ferrol organiza unha exhibición de natación artística para este sábado doce de xaneiro. Realízase a favor do banco de alimentos Rias Altas e solicítase ao público asistente que aporte alimentos non perecedeiros. Sortearáse unha cea para duas persoas no café Bar Graña da Cruz do Pouso en Neda. A exhibición prolongaráse entre as seis e as sete e media da tarde do sábado na piscina de Caranza. Organiza o club Sincro Ferrol.

Nadadoras do Clube Sincro Ferrol

O Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL) é unha Asociación de carácter social, legalmente constituída, independente e sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado. O seu obxectivo básico e principal é recoller alimentos, e tamén excedentarios do mercado e aptos para o consumo humano, en bo estado (consumibles), pero non comercializables, e repartilos entre as institucións benéficas da provincia da Coruña legalmente recoñecidas, para que estas, puntualmente, as entreguen ás persoas e familias en situación de necesidade.

Os alimentos tamén se recollen de doantes privados ou públicos, e das cadeas de alimentación.

Esta Asociación está formada na súa totalidade por voluntarios, que empregan parte do seu tempo en axuda e solidariedade cos máis necesitados, xa de forma puntual ou con asistencia habitual. Actualmente desenvolven este labor a diario, da orde de 32 persoas, que realizan traballos tanto de almacén como administrativos.

O Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL), dispón de catro almacens de distribución situados na Coruña (2), Ferrol e Santiago.

Deportes

Publica o teu comentario agora