Natación, piragüismo, volei-praia e pesca para gozar do verán

Natación, piragüismo, volei-praia e pesca para gozar do verán

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os departamentos de Cultura e Deportes de Allariz comezarán, a partir do 1 de xullo, coa programación estival. Natación, piragüismo, volei-praia ou pesca son as propostas deportivas das que se poderá gozar nas vacacións. Fóra do eido deportivo estará tamén a ludoteca, unha iniciativa educativa e divertida, que se desenvolve principalmente nas épocas de

Esta iniciativa, que comezará a partir do 1 de xullo, desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto. As vivendas dos mestres do Colexio Padre Feijóo acollerán esta actividade de luns a xoves. Os luns e mércores participarán os nenos/as de 3 a 5 anos e os martes e xoves os nenos/as de 6 a 8 anos, de 11:30 a 13:30h. A cota mensual é de 25 euros.

Para obter máis información sobre a programación deportiva non hai máis que pasarse pola Piscina Municipal ou chamar ao 988 442 083. No caso da ludoteca o lugar ao que acudir é a Casa da Cultura (988 440 859).

 

Sociedade