Navantia demanda carga de traballo

Navantia demanda carga de traballo

27 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores de Navantia Ferrol e Fene concentraránse mañá mércores ás 10,30 da mañá diante das portas da factoría da cidade departamental. Sairán en manifestación en dirección á Praza de Armas para reclamar carga de traballo. Na Casa Consistorial reuniránse co alcalde da cidade José Manuel Rey Varela. O comité exporá ao rexedor a necesidade de acometer un investimento "de futuro e alcanz

Na manifestación tomarán parte os traballadores da factoría principal, as compañías auxiliares e os operarios de Navantia Fene, que se desprazarán en autobús desde Perlío até Ferrol.

Desde o comité adiantaron que esta protesta forma parte dun amplo calendario de mobilizacións que continuará o próximo 5 de outubro cunha entrevista co alcalde de Fene, Gumersindo Galego, do PP.

Os sindicatos CCOO, CIG, UXT e USTG, con representación nos estaleiros da ría de Ferrol, tamén convocaron unha gran mobilización comarcal en defensa do sector naval para o domingo 6 de novembro nun contexto que non dubidan en cualificar de "preocupante". Dos estaleiros dependen 17.000 empregos na comarca, directos e indirectos segundo as estimacións do INE facilitados por Navantia.

Esta manifestación, que discorrerá baixo o lema "Polo emprego e o futuro da comarca.  O naval é fundamental. Carga de traballo xa", partirá desde a praza do Inferniño, e concluirá diante do Concello.

O catro sindicatos máis representados no naval apoian a mesma convocatoria sen fisuras por primeira vez en moitos meses.

Sociedade