Navantia encende motores

Navantia encende motores
14 de Abril, 2020 - 09:48 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia Fene e Ferrol volveron esta mañá á actividade laboral pero "baixo mínimos". Durante 15 dias procederase a labores de limpeza e mantenemento das instalacións. O dia 26 agárdase que a incorporación dos operarios sexa total.

ESCOITA O PODCAST:

Navantia da ría de Ferrol incorporouse desde esta mañá "baixo mínimos" á actividade laboral. Onte luns foi festivo en Ferrol -Día de Chamorro- e por esa razón a volta ao traballo prodúcese desde hoxe martes 14 de abril. A incorporación farase dun xeito progresivo durante 15 dias. Se todo vai ben, o día 26 estará incorporado todo o cadro de persoal. Esa incorporación paulatina será desde hoxe, en palabras do representante da CIG Marcelino Amado, aplicable a todos os operarios, tanto da empresa principal como das auxiliares. Nesta primeira fase, e durante dúas semanas, realizaranse traballos de limpeza e mantemento, de posta a punto das instalación para despois proceder aos traballos máis importantes, pero tendo en conta sempre a situación de alarma sanitaria que aínda continúa. Por iso consideraranse as casuísticas de problemas de saúde dos traballadores, de conciliación, etc.

En declaracións de Marcelino Amado a Radio Fene, o nivel produtivo adaptarase ás condición de prevención estipuladas. “Non se pode volver á normalidade, sería temerario, porque a pandemia continúa forte e non se pode poñer en risco aos traballadores e á sociedade en xeral” engade o sindicalista. En función de como evolucione a situación así se irá actuando. Estase en diálogo permanente coa Industria auxiliar, manifesta o voceiro da CIG. Estase rematando o protocolo de actuación para poñelo en común co comité de prevención. Por exemplo, en Turbinas mantívose unha reunión cos traballadores para comunicarlles as normas de traballo nas circunstancias actuais. En relación coa situación contractual dos operarios das empresas auxiliares, o permiso recuperable rematou o pasado día 9 e mañá mércores día 15 reunirase a comisión de seguimento. A realidade é vario pinta entre ERES, ERTES ou vacacións. Pode haber situacións de abuso e mesmo denunciables pero rematou xa o período de “permiso recuperable” sentencia Amado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora